viernes, 15 de febrero de 2019

Visitas que deixan pegada


Esta semana seguimos traballando no noso proxecto "Protexe os animais".
Esta vez o noso traballo parteu dun conto: "Un fogar para Marmelo".

Marmelo é un canciño ao que a súa familia deixou abandonado no bosque. Marmelo está moi triste dende entón, pero grazas ao seu amigo Naturizo consigue atopar outra.


E para profundizar na importancia do abandono animal recibimos unha visita na nosa escola: a Protectora Moura!

A visita en cuestión foi realmente emocionante, pois xunto a Natalia, viñan un policía, un membro de protección civil e un fermoso can chamado Byron, que causou un gran alboroto na aula (recordade que os animais son unha das nosas debilidades!)



                                          

Contáronnos un montón de cousas moi importantes:

1- A historia de Byron.

2- Como actuar se atopamos a un canciño perdido.


3- Que é un chip e como se usa o lector.



O que eles non sabían, e que nos tamén tíñamos unha sorpresa: o noso graniño de area para facer máis felices a todos os peludiños que se van atopando:



Así rematou o noso día....moitas grazas pola vosa visita Natalia, Toni e Virginia! Voltade cando queirades!! 

E recordade:

Non merquedes, ADOPTADE!!!


No hay comentarios:

Publicar un comentario