sábado, 1 de junio de 2019

Mexillóns en acción!


Últimamente estivemos investigando todo o que ten que ver ca vida mariña e descubrimos moitas cousas,
Algunhas tíñamolas claras, como por exemplo que tipo de animais viven alí: peixes, tartarugas, crustáceos... Pero pola contra... detectamos un gravísimo problema: o plástico.

Sabiades que moitos dos plásticos que usamos a diario, poden rematar no mar e que isto resulta ser moi perigoso para todos os animaliños que viven alí? Os peixes máis grandes, tráganos...os máis pequenos quedan atrapados...e o desenlace...xa volo podedes imaxinar.

Na nosa escola queremos loitar contra iso e por iso decidimos crear unha tribu, á que bautizamos como: " Mexillóns en acción".

A nosa primeira misión foi unha saída á praia. Alí, recollemos moreas de plástico: botellas, envases, redes, luvas, cordas...





Unha vez de volta na escola, clasificamos os plásticos que atopamos:


E decidimos crear un mural con todos eles para intentar concienciar á xente da importancia de manter as nosas praias limpas. 



Despois de moito traballo....este foi o resultado:


Pero a cousa non rematou ahí....quixemos plasmar toda a nosa investigación a través dun video, queredes velo? Pulsade play!




Xuntos podemos conseguilo!!!
Xuntos por un mundo mellor!!!



No hay comentarios:

Publicar un comentario