O noso último proxecto tivo como centro de interese os sentidos!!
E traballalos foi unha auténtica gozada! Pois encántanos aprender a través da experimentación e a manipulación.
Despegamos!
Como seguro saberedes...temos 5 sentidos e todos eles son moi importantes para o noso desenvolvemento. Nós, adicamos diferentes sesións para traballar cada un deles.
Antes de nada, coñecemos os seus nomes e onde se localiza cada un:
E a continuación....comezamos a desgranar. Imos por partes:
1. A vista
Elaboramos un taumatropo para poñer a proba a nosa vista ( aínda que sin decatarnos, tamén estamos traballando a motricidade fina 😜).
2. Oído
Entrenamos os nosos oídos a través de diferentes xogos.
3. Tacto
Nesta ocasión, montamos as nosas propias mostras de texturas, para ir coñecendo o tacto que teñen, comparalas.... E despois...seguimos xogando!
4. Gusto
En primeiro lugar localizamos nunha lingua, os 4 sabores que esta pode detectar. Pero, para profundizar un pouquiño máis nestos 4 novos conceptos....levamos a cabo unha cata!
5. Olfacto
Que mellor forma de poñer a proba o noso olfacto que a través dun concurso? Destapamos, olemos, respondemos e comprobamos si o resultado é correcto.
Divertido e educativo, non si?
Deica outra!
No hay comentarios:
Publicar un comentario