Chegou o día no que temos que pechar o noso proxecto: "Protexe os animais".
Foron moitas as cousas que traballamos ao longo do curso e por iso decidimos que a última actividade estaría relacionada cos superheroes e cas superheroínas. Si, si...cada un de nós tivo que crear o seu propio super poder relacionado con algo do traballado neste interesantísimo proxecto.
Os resultados, todos eles diferentes...foron espectaculares. En todos eles se reflexan as pinceladas dos datos máis importanes cos que se quedou o alumnado da Granxa. Queredes velo?
- Super Leo: O gran protector dos animais. Cada vez que estén en apuros...alí estará para axudalos.
- Super Manuel: O super naturista. Para axudar ao planeta, reciclará todo o que atope.
-Super Sofía: A gran protectora dos animais que se atopan en perigo de extinción.
- Super Ian: O super ecoloxista que velará pola conservación do noso escosistema.
- Super María: A super ciclista, disposta a percorrer os nosos montes para evitar os incendios.
- Super Mariña: A sereíña protectora do fondo mariño, disposta a facer desaparecer todo o que o poña en perigo.
- Super Samuel: que ten o superpoder de falar cos animais e así poder axudalos en calquera situación.
- Super Alex: A encargada de protexer non só a fauna senón tamén a flora.
- Super Carla: A salvadora de tódolos peixes que habitan nas nosas costas.
Como podedes comprobar, con todos eles o noso planeta sen dúbida algunha, estará a salvo!
E ti, qué superpoder tes?
Pechamos con toda a nosa ilusión un proxecto que nos dou pé a levar actividades moi lúdicas e fermosas. Que nos fixo recibir visitas e que tamén nos permitiu facer saídas. Un cóctel que sen dúbida fixo que as nosas aprendizaxes fosen moi significativas e que ademáis permitiu facer partícipes ás familias e ao resto da comunidade educativa.
Moitas grazas a tod@s por formar parte do noso proxecto.
Nós, xa estamos ansios@s por poder emprender unha nova aventura o curso que ven!
Bicos mil! 😘
No hay comentarios:
Publicar un comentario