viernes, 21 de junio de 2019

The very hungry caterpillar

Na última semana de curso a teacher contounos o conto " The very hungry caterpillar":


Gustounos moito! Pero o mellor foi  que trouxo un caterpillar e recreamos o conto dándolle de comer. Menudas risas!








Despois de todo  o que comeu, deixámolo descansar para que forme o seu cocoon e poida converterse nunha beautiful butterfly. Pensamos que cando isto pase, virá a coidar do noso horto no verán, así que estaremos cos ollos ben abertos para poder vela.

Con esta bonita historia despedimos este curso... 
Queremos darvos as grazas por darnos o privilexio de pasar tempo cos vos@s fill@s e colaborar na súa educación. Foi un auténtico pracer e botarémol@s de menos.

Hoxe, máis que nunca...bye bye butterfly!

Ata sempre!💓




No hay comentarios:

Publicar un comentario